Aurora Vidal Martínez nace en Pontevedra o 28 de agosto do ano 1910. Estuda maxisterio en 1931, cursa o Grado Profesional e exerce o ensino como maestra dezmilista en diversos destinos de Galicia, Castellón e Canarias.

A súa condición de escritora maniféstase moi cedo, colaborando nas distintas revistas literarias da época, como Vida Gallega e Sonata Gallega. Participou durante moitos anos na vida cultural da capital do Lérez, especialmente nos ámbitos da lírica e o teatro. Paralelamente a súa actividade docente, con tenacidade e fonda vocación, elaborou unha obra en galego e castelán de notable amplitude.

Citas

  • Amo a verdade porque embelece o espíritu e chea os ollos de claridades

  • Eu non sei o que acharéi máis alá dos meus soños, pero a nada, tamén é un sono, e eu soñando vivo...

  • Froliñas que o vento arrola no regazo da mañán, vinde a cubrir o meu sono de espiñas e soedá...

  • Mais Deus de nostalxia houbo de ferirme por tere tristura no meu pensamento...

  • Eu teño un berce no peito con unha estrela ferida; heina arrolar polas noites coma se fora meniña...

Libros destacados

Camino de Belén

1946

O seu primeiro libro "Camino de Belén", romance pastoril en nove cadros e tres actos, edítase no año 1946, na imprenta Celestino Peón de Pontevedra. O fermoso libro inclúe numerosas ilustracións do pintor Manuel Torres. Estrénase no Teatro Malvar en 1949 e ainda hasta 1987 foi representada en diversas ocasións no Teatro Principal da cidade.

Sonetos Líricos

1948

No ano 1948 dase a coñecer tamén como poeta ó publicar o libro "Sonetos Líricos", na mesma imprenta pontevedresa.

Prosa

1950-1952

Cultivou tamén a prosa -certamente unha prosa poética con frecuencia chea de lirismo- en libros como "Cartas de Amor" (1950) ou "Mensaje de Otoño" (1951), ambos na imprenta Católica de Santa Cruz de Tenerife. Estes dous títulos complétanse con "Destinos", un poemario escrito en 1952 e todavía hoxe inédito.

Poemas de nenos e paxariños

1958

En 1958 aparece "Poemas de nenos e paxariños" (imprenta L. Torre, Pontedeume) que constitúe a súa contribución máis destacada ó ámbito da poesía galega e en galego. Os nenos inspiraron moitas páxinas desta escritora. Esta obra conduce ó lector a unha lírica intimista, tinguida as veces de tristeza e melancolía, pero tenra coma unha canción de cuna, volcada nun hermoso paisaxismo impregnado do animismo hilozoista.

Vida Cultural

Outras facetas da escritora e poetisa quedan patentes nos escenarios pontevedreses como son as de dramaturga e excelente escenógrafa, nos anos que van dende 1949 a 1995 mediante repetidas representacións teatráis da súa obra inédita, xa en prosa ou en verso. En 1949 impulsou o Teatro Experimental del Arte, grupo do que exercéu tamén como directora.

Participou activamente na vida cultural pontevedresa, tomando parte por exemplo nas diferentes Fiestas de la poesía que anualmente celebraba o Ateneo da cidade, ou integrada nas tertulias literarias de Pontevedra, entre elas as que tiñan lugar no Café Carabela. Mantuvo relacións de amistad con escritores como Manuel Cuña Novás, Sabino Torres, Emilio Alvarez Negreira ou Álvaro Cunqueiro.

Academia Galega

No 1952 foi nomeada Membro Correspondente da Real Academia Galega, proposta para esta distinción por Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e máis Francisco Vales Villamarín.

Cronoloxía

  • "Vivencias de Infancia", Pontevedra, 1945
  • "Camino de Belén", obra teatral, Pontevedra 1946.
  • "Sonetos Líricos", Pontevedra 1948
  • "Cartas de Amor", Santa Cruz de Tenerife 1950
  • "Mensaje de Otoño", Santa Cruz de Tenerife 1951
  • "Destinos", Santa Cruz de Tenerife 1952
  • "Poemas de neos e paxariños", Puentedeume 1958
  • "Poesías Infantiles", Pontevedra, 1965
  • "El niño y el filósofo", novela, Pontevedra 1981
  • "El Divino Caminante", obra teatral, Pontevedra 1987
  • "Contros de rapaces", contos ilustrados en verso, Pontevedra 1991
  • "O Espantallo Namorado", obra teatral, Pontevedra 1992
  • "Os Contos do Avó", conto ilustrado con adaptación teatral, Pontevedra 1.993
  • "O Zapateiro Coroado Rei", conto ilustrado con adaptación teatral.
  • "Xa Naceu Xesús", obra teatral en verso, pontevedra 1.993
  • "Poemas del tiempo limitado", 200 poemas en prosa lírica e verso.

Outros datos

Casou o 22 de Noviembre de 1953 co maestro e pintor Marcial Pantín Folgar.

Aurora falecéu en Pontevedra o 10 de maio de 2005 (D.E.P.). O séu esposo Marcial falecéu en decembro de 2006 sumido nunha fonda pena pola súa perda (D.E.P.).

O 25 de maio de 2010 descubríuse unha praca conmemorativa na casa familiar en Pontevedra, na rúa Soportales, unha das máis representativas da cidade.

En decembro de 2010 ríndese homenaze á autora representando unha vez máis a súa obra "Camino de Belén"

Contacto

Querido visitante, se así o desezas podes facer chegar unha mensaze á familia de Aurora Vidal usando o seguinte formulario. ¡Moitas gracias!